Actividade 70, 71 e 72. O núcleo e o ADN

 1- Define molécula? Que compoñentes ten unha molécula de ADN?

Unha molécula é a unión de dous ou máis átomos (do mesmo ou de diferentes elementos químicos) a través de enlaces químicos, que forman un conxunto estable.

Os catro bloques de construción do ADN son nucleótidos: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C). Os nucleótidos están ligados entre si (A a T e G a C) por enlaces químicos e forman pares de bases que conectan as dúas cadeas de ADN.

2- Que é a cromatina? Por que está formada?

É a substancia que se atopa no núcleo da célula que forma o material cromosómico durante a interfase; está formado por ADN unido a proteínas. Ademais, está composta por unha combinación de proteínas chamadas "histonas", con ADN e ARN, cuxa función é dar forma ao cromosoma para que se integre no núcleo da célula.

3- O primeiro debuxo representa o ADN. Observa que, ademais das bases nitroxenadas hai outros compoñentes, cales? Como se emparellan as bases?

Os compoñentes que aparecen son: a citocina, a guanina, a adenina e a timina (ademais do fosfato e do azucre). Estos elementos emparéllanse da seguinte forma: a citocina coa guanina e, por outro lado, a timina coa adenina.


4- O segundo debuxo representa unha célula: que tipo de célula é? Indica as partes.

É unha célula eucariota vexetal. As partes que aparecen na imaxe son:                  1- Citoplasama  2- Mitocondria 3-Cloroplasto 4- Vacuola central 5- Núcleo 6-Nucleolo 7-Parede celular


5- O terceiro debuxo representa unha foto dun núcleo. Baseándote no debuxo anterior indica os seus compoñentes. 

Os seus compoñentes son: a envoltura celular, o nucléolo, a cromatina e os ribosomas.






Comentarios